Arq. David Fernández Núñez
LG/ A Arrotea-Vilameán, Nº6 Baixo
36747 Tomiño, Pontevedra
Galicia, España

Ola!
Son David

Apostamos polo compromiso na calidade dos servizos e das solucións presentadas aos nosos clientes.

Sobre nós

Á hora de realizar un proxecto, sexa este cal sexa, non pretendemos a imposición dunha linguaxe ou concepto predefinidos; se non que evolucionamos cada deseño para axustalo ás súas necesidades e á contorna. Adecuando cada proxecto a: a súa finalidade, ao seu contexto, ao seu utilizador… dando lugar a proxectos únicos e personalizados, que resolven as necesidades sen descoidar a estética.

A linguaxe dos nosos proxectos destaca por unha combinación entre as linguaxes arquitectónicas de vangarda, con inspiración tradicional e vernácula; adecuacións funcionais sinxelas pero contrastadas; un control da iluminación; con atención ás orientacións; cunha mira na eficiencia enerxética e o bioclimatismo… buscando sempre a optimización dos recursos dispoñibles.

ARQUITECTURA E EDIFICACIÓN

· Proxectos de vivendas unifamiliares e en bloque.
· Proxectos de rehabilitacións e reformas.
· Outros proxectos básicos e de execución (edificacións de equipamentos específicos: comerciais, servizos públicos, culturais e sociais, deportivas e recreativas, industriais, agropecuarias…)
· Xestión integral de proxectos

URBANISMO

· Proxectos de derriba e demolición.
· Expedientes de legalización.
· Proxectos de urbanización e de obras civís.
· Proxectos de deseño de espazo público (urbano e rural).
· Plans parciais e Estudos de detalle.
· Proxectos de parcelación e segregacion.
· Asesoramento urbanístico e xestión integral de proxectos.

OUTROS EDIFICACIÓN

· Memorias de actividade e tramitación de licenzas de apertura.
· Arquitectura interior.
· Memorias de obras menores.
· Valoraciónes e taxacións.
· Certificacións de eficiencia enerxética.

TRABALLOS COMPLEMENTARIOS

· Perito xudicial inmobiliario.
· Deseño de mobiliario a medida.
· Deseño grafico e visual.
· Proxectos ambientais, de xardinería e de paisaxismo.
· Realización de ditames técnicos.
· Realización de certificados e informes de parte.

Os nosos proxectos